Novas Iustitia
MÁSTER DE MEDIACIÓN
28 de mayo del 2018
 OBXECTIVOS DO MASTER

 O obxectivo xeral deste Posgrao é a formación de profesionais con dominio nas técnicas de mediación nos diferentes ámbitos nos que se poida dar un conflito.
Entre as formas de solución dos conflitos cobraron importancia nos últimos tempos as ADR, "Alternative Dispute Resolution", as formas de resolución alternativa dos conflitos, como contraposición á forma habitual de resolución que foi acudir aos tribunais de xustiza.

 

Como é ben sabido, a solución aos problemas sociais que ofrecen os tribunais dista moito de ser a máis satisfactoria, o que se pon de manifesto especialmente cando o conflito incide no ámbito das relacións persoais dos suxeitos en conflito.

Entre outras cousas, atribúese á xurisdición lentitude na resolución dos conflitos, pouco coñecemento do conflito en si, información insuficiente, e, sobre todo, limitada eficacia das resolucións.

A insuficiencia da resolución dos conflitos pola tradicional vía xurisdicional faise patente sobre todo no ámbito das relacións familiares (separación, divorcio, separación da parella de feito, conflitos entre pais e fillas/os, entre nais/pais e avoas/ós...), aínda que tamén noutros ámbitos nos que o denominador común é a continuidade da relación entre as persoas en conflito, como pode ser o caso de conflitos escolares, laborais, empresariais, etc. 

A mediación aparece como unha forma de resolución do conflito alternativa á xurisdición, a través da cal as partes chegan per se a unha solución coa axuda dun/unha mediador/a, que coa súa formación ofrece ás partes novas vías de diálogo e entendemento.

Os obxectivos específicos son:

·   Formar á/ao estudante no coñecemento das técnicas de avaliación de conflitos e actitudes persoais.

·   Formar en técnicas de negociación.

·   Formar á/ao estudante de forma integral nos campos nos que é susceptible a mediación (Dereito de familia, adopción, menores, conflitos escolares, conflitos laborais, etc.).

·   Formar á/ao estudante nas técnicas de mediación.

REQUISITOS DE ACCESO

 Esíxense os mesmos requisitos de acceso que os dos másters oficiais. Ademais poderá ser admitido o alumnado ao que lle falte cursar un número máximo de 30 créditos ECTS necesarios para obter a titulación de acceso requirida.

Non obstante, o título de máster expedirase unicamente para aquel alumnado que supere os 30 créditos ECTS necesarios para obter a titulación de acceso requirida antes de acabar o ano académico no que se desenvolve o máster.

 

Se non se dispón de titulación universitaria, a normativa esixe, para poder acceder aos cursos de especialización,  o cumprimento destas dúas condicións:

- Acreditar experiencia na área á que se refire o curso.

- Acreditar que se dispón dunha titulación que, no seu caso, permitiría o acceso aos estudos de Grao na Universidade. Isto é, non basta con ter o título de Bacharelato senón que se debe ter aprobado a selectividade ou equivalente (como o curso de acceso á universidade para maiores de 25 anos). 

 PREINSCRICIÓN

Dende maio de 2018 ata o esgotamento de prazas.

 SISTEMA DE SELECCIÓN

Curriculum académico, formación complementaria afín á materia, experiencia profesional e entrevista persoal.

 

Volver