Novas Iustitia
NORMAS COMUNICACIÓN CURSO DE VERÁN IGUALDADE DE XÉNERO E MEDIACIÓN: UNHA OPORTUNIDADE POR EXPLORAR?
13 de junio del 2017

PRESENTACIÓN DE COMUNICACIÓNS

 

Aberta a posibilidade para todas as persoas expertas ou investigadoras. Cabe a posibilidade de presentar comunicación formato video.

Normas para a presentación de comunicacións:

1. Só poderán remitir e, xa que logo, presentar comunicacións, aquelas persoas previamente matriculadas.
2. As comunicacións poderán ser de autoría individual ou colectiva (máximo 2 persoas)
3. A data límite para remitir a comunicación é o 7 de xullo. Aquelas comunicacións remitidas máis alá das 23.59h. do referido día, non serán admitidas.

4. As comunicacións deberán remitirse ao seguinte correo electrónico: investigadoras@iustitiaomnibus.org
5. O asunto do correo será: “COMUNICACIÓN CURSO DE VERÁN”.
6. As persoas comunicantes serán informadas por correo electrónico da decisión da Dirección do Curso de Verán sobre a admisión da súa comunicación e sobre as condicións da súa presentación.
7. Normas de estilo:

• As comunicacións deberanse presentar en documento con formato word.

• Na primeira páxina incluiranse os seguintes datos:

-Título da comunicación.

-Nome e apelidos.

-Institución de procedencia: Universidade, Instituto de investigación, etc.

-Correo electrónico.

-Resumo: Máximo 10 liñas.

-Palabras chave: Máximo 5 palabras.

• Texto: O texto da comunicación non deberá superar as 5 follas, escritas en letra Times New Roman, tamaño 12, interliñado 1,5.

Volver