Novas Iustitia
V CONGRESO SOBRE A FEMINIZACIÓN DO DEREITO PRIVADO. CARMONA V
13 de mayo del 2017
Os días 21 e 22 de setembro de 2017 terá lugar a nova edición do «Movimiento Carmona para la feminización del Derecho Privado». Este movemento, nado na cidade andaluza en 2009, foi impulsado polas Catedráticas de Dereito Civil Rosario Valpuesta, Mª Carmen Gete-Alonso y Calera, Teodora Torres García, Ana Cañizares Laso e María Paz García Rubio, en resposta ás súas inquedanzas sobre a invisibilidade da cuestión de xénero no mundo do Dereito Privado. Despois da inaugural de Carmona, as seguintes edicións celebráronse n'as Palmas de Gran Canaria, en 2010, en Valladolid e Palencia, en 2014 e en Málaga, en 2015, sempre con crecente participación e implicación dos promotores e participantes. De todos estes Congresos ten xurdido unha forte conexión entre as/os asistentes, amén dunha publicación colectiva por congreso que dá boa conta dos resultados obtidos en cada un deles. Nesta quinta edición abordarase un tema tan importante dende a perspectiva de xénero como é o da maternidade e as súas implicacións sociais e xurídicas.

Para ver o programa completo, prema aquí

As modalidades de inscrición son as seguintes: 

 

MODALIDADE INSCRICIÓN

Inclúe

Antes do 15 xullo

Despois do 15 xullo

Opción A - Inscrición ordinaria

Materiais, diploma, xantares, ceas, visita

  120 €

140 €

Opción B - Comunicantes

Materiais

, diploma, xantares, ceas, visita

 100 €

 120 €

Opción C- Estudantes e outras/os asistentes

Materiais, diploma, xantares

 50 €

 70 €

Acompañantes

Ceas, visita

60 €

70 €

 

Para inscribirse, será necesario facer previo pago dla inscrición no número de conta: ES40 0049 2584 2214002210 e cubrir o seguinte formulario.  

Opcionalmente, quen desexe asesoramento coa reserva dos vos ou do aloxamento poden contactar directamente coa Agencia Sant Yago no seguinte teléfono +34 981 553 113, ou no email congresos@santyago.es (especificando que é para este Congreso). 

 

COMUNICACIÓNS: 

As propostas de comunicacións deberán enviarse ata o 4 de setembro de 2017 a unha dos seguintes enderezos: julia.ammerman@usc.es o monica.garcia@usc.es, cun máximo de 5 folios en Times New Roman 12. Anuncio de comunicacións seleccionadas: 11 de setembro de 2017. No seu momento anunciaranse os criterios de publicación no libro que recolla as Actas do Congreso.

Toda a información en: http://www.usc.es/gl/investigacion/grupos/conflictu_legum/V-Congreso-feminizacion-Derecho.html

Volver