Novas Iustitia
MÁSTER PROPIO EN RESOLUCIÓN DE CONFLITOS: MEDIACIÓN
09 de junio del 2017

Máster Propio en Resolución de conflitos: Mediación

Código: MH78  -   Másteres 2017-2018

·         Núm. de créditos: 60.0

·         Edición: 7

·         Duración cursos: 1

·         Mínimo alumnos: 10

·         Máximo alumnos: 40

·         Data inicio: 10/11/2017

·         Data finalización: 23/07/2018

·         Aprobación: 05/04/2017

·         Prezo Euros: 4.000,00

·         Núm. prazos de pago fraccionado: 4

·         Inicio preinscrición: 26/05/2017

·         Fin preinscrición: 29/09/2017

·         Inicio Matrícula: 02/10/2017

·         Fin Matrícula: 17/10/2017

Departamento / Centro Organizador:

Facultade de Dereito

Directores:

Raquel Castillejo Manzanares

Calendario de pagamento fraccionado

Prazo

Importe

Data

1

2.000,00 €

02/10/2017 - 17/10/2017

2

1.000,00 €

11/01/2018 - 26/01/2018

3

500,00 €

12/03/2018 - 26/03/2018

4

500,00 €

11/05/2018 - 25/05/2018

Información

Raquel Castillejo Manzanares
Tel: 881814637
Email: raquel.castillejo@usc.es

Ana Rodríguez Alvarez
Tel: 881814708
Email: ana.rodriguez@usc.es

http://www.usc.es/gl/centros/cep/oferta.html

Requisitos de acceso:

Esíxense os mesmos requisitos de acceso que os dos másters oficiais. Ademais poderá ser admitido o alumnado ao que lle falte cursar un número máximo de 30 créditos ECTS necesarios para obter a titulación de acceso requerida. Non obstante. o título de máster expedirase unicamente para aquel alumnado que supere os 30 créditos ECTS necesarios para obter a titulación de acceso requerida antes de acabar o ano académico no que se desenvolve o máster.      

Preinscrición:

Impreso solicitude admisión
Información procedemento
Facultade de Dereito
Despacho Profa. Raquel Castillejo Manzanares (Área de Dereito Procesual)
Despacho Ana Rodríguez Álvarez (Área de Dereito Procesual)     

Sistema de selección:

Curriculum académico. formación complementaria afín á materia. experiencia profesional e entrevista persoal.      

Obxectivos do curso:

O obxectivo xeral deste Master é a formación de profesionais con dominio nas técnicas de mediación nos diferentes ámbitos nos que se poida dar un conflito. 
Entre as formas de solución dos conflitos cobraron importancia nos últimos tempos as ADR, "Alternative Dispute Resolution", as formas de resolución alternativa dos conflitos, como contraposición á forma habitual de resolución que foi acudir aos tribunais de xustiza. 
Como é ben sabido, a solución aos problemas sociais que ofrecen os tribunais dista moito de ser a máis adecuada, o que se pon de manifesto especialmente cando o conflito incide no ámbito das relacións persoais dos suxeitos en conflito. Entre outras cousas, atribúese á xurisdicción lentitud na resolución dos conflitos, pouco coñecemento do conflito en si, información insuficiente, e, sobre todo, limitada eficacia das resolucións. 
A insuficiencia da resolución dos conflitos pola tradicional vía xurisdiccional faise patente sobre todo no ámbito das relacións familiares (separación, divorcio, separación da parella de feito, conflitos entre pais e fillos, entre pais e avós, etc.), aínda que tamén noutros ámbitos nos que o denominador común é a continuidade da relación entre as persoas en conflito, como pode ser o caso de conflitos escolares, empresariais, etc. 
A mediación aparece como unha forma de resolución alternativa á xurisdicción do conflito, a través da cal as partes en conflito chegan por si mesmas a unha solución coa axuda dun mediador, que coa súa formación ofrece ás partes novas vías de diálogo e entendemento. Entre as características principais da mediación atópanse a voluntariedad e a igualdade entre as partes, podéndose acceder a ela de forma autónoma respecto da xurisdicción así como unha vez suscitado o conflito ante a xurisdicción. 
Os obxectivos específicos son: 
- Formar ao estudantado no coñecemento das técnicas de avaliación de conflitos e actitudes persoais 
- Formar ao estudantado con técnicas de negociación 
- Formar ao estudantado nas técnicas de mediación 
- Formar ao estudantado de forma integral nos campos nos que é susceptibel a mediación (Dereito de familia, adopción, Dereito de menores, psicoloxía e socioloxía do conflito, conflitos escolares, conflitos laborais, responsabilidade civil e conflitos veciñais, entre outros.
Metodoloxía
A modalidade na que se articulará o Posgrao Propio ten carácter de semipresencial. É por este motivo, que 
as horas de carácter presencial complétenase con horas non presenciais, adicadas á realización das distintas actividades que se enumeran a continuación:
- O profesorado do Máster prestará apoio aos/ás alumnos/as coa realización de tutorías, encamiñadas a prestar axuda ao alumnado ao longo de toda a duración do Máster. 
- No desenvolvemento das horas non presenciais, os/as alumnos/as levarán a cabo a lectura de textos doctrinaos e casos prácticos, que serán preparados e debatidos xunto co profesorado do Máster.
- O alumnado traballará co profesorado na elaboración da memoria de prácticas externas. 
- Os/as titores/as asignados en cada caso, prestarán apoio aos/ás alumnos/as no proceso de elaboración do traballo final de investigación, procedendo, con posterioridade, á discusión e posta en común das conclusións alcanzadas nos mesmos.
- Finalmente, os/as titores/as guiarán ao alumnado na exposición oral e lectura ante o Tribunal que xuzgará o traballo de investigación de cada un dos/das alumnos/as.      

Procedemento de Avaliación:

Asistencia a, polo menos, un 80% das clases e elaboración e defensa dun traballo de investigación que se entregará no mes de xullo de 2018.      

Titorías:

Presenciais en horario a determinar.
Semi-presenciais a través de email.      

Calendario:

Venres, de 16.00 a 21.00
Sábado de 09.00 a 14.00

Programa:

1. O Conflito e ós Métodos de Resolución de Conflitos. Créditos. 2.0
2. Técnicas de Análise do Conflito. Créditos. 4.0
3. Técnicas de Negociación. Créditos. 6.0
4. A Mediación. Créditos. 3.0
5. Técnicas de Mediación. Créditos. 5.0
6. Mediación Familiar e Escolar. Créditos. 8.0
7. Mediación no ámbito Civil, Mercantil e Bancario. Créditos. 8.0
8. Mediación Penal e no ámbito Veciñal. Créditos. 8.0
9. Traballo de Investigación e Exposición. Créditos. 16.0
10. Prácticas Tuteladas en Empresas. Créditos. 3.0

Este curso engloba ós seguintes cursos de posgrao ou formación contínua:

Curso de Especialización en Mediación Familiar e Escolar (EHD3)
Curso de Especialización en Mediación no ámbito Civil, Mercantil e Bancario (EHD8)
Curso de Especialización en Mediación Penal e no ámbito veciñal (EHD9)

 

Volver