Novas Iustitia
V XORNADA UNIVERSITARIA GALEGA DE XÉNERO
22 de abril del 2017
O prazo de presentación de comunicacións á quinta Xornada Universitaria Galega de Xénero (V XUGeX) rematará o próximo 4 de maio.
É unha xornada que organizan as oficinas/unidades de Igualdades das universidades galegas en Vigo o vindeiro mes de xullo co lema ‘Transformando dende a universidade’. Nesta quinta edición o programa estará centrado na práctica docente como medio idóneo para a transmisión de valores igualitarios, así como na necesidade das investigacións feministas e de xénero que achegan os instrumentos para alcanzar o correlativo cambio social.
Como na edición anterior, a convocatoria está aberta ao persoal docente e investigador de fóra do ámbito do sistema universitario galego. A comunicación completa, dependendo da área temática, deberá enviarse por correo electrónico.
As encadradas no ámbito de docencia a oix@usc.es se versan sobre prácticas docentes innovadoras con perspectiva de xénero nas aulas universitarias; a oficina.igualdade@udc.es para as relativas a experiencias de inclusión da perspectiva de xénero noutras etapas educativas; e a igualdade@uvigo.es, para as propostas sobre comunicación inclusiva: o uso da linguaxe e das imaxes na docencia. Os traballos sobre investigación poderán remitirse a oix@usc.es cando estean relacionados coas perspectivas feministas na investigación universitaria; a igualdade@uvigo.es cando fagan alusión as representacións de xénero na cultura popular; e a oficina.igualdade@udc.es as centradas na diversidade sexual no ámbito educativo.

A continuación toda a información:

V XORNADA UNIVERSITARIA GALEGA EN XÉNERO. TRANSFORMANDO DENDE A UNIVERSIDADE

7 de xullo de 2017, Vigo

 

Presentación:

Como cada ano desde 2013, as unidades de igualdade de xénero das tres universidades galegas traballamos conxuntamente para facer realidade a quinta edición da Xornada Universitaria Galega en Xénero, punto de encontro e reflexión para o persoal docente e investigador que traballa con perspectiva de xénero.

Nesta quinta edición centrarémonos na práctica docente como medio idóneo para a transmisión de valores igualitarios, así como na necesidade das investigacións feministas e de xénero que aportan os instrumentos para alcanzar o ansiado cambio social. Como na edición anterior, abrimos a convocatoria ao persoal docente e investigador de fóra do ámbito do sistema universitario galego.

 

Obxectivos:

  • Impulsar a aplicación da transversalidade de xénero como un criterio de excelencia universitaria e como medio de transformación social.
  • Intercambiar experiencias entre o persoal docente e investigador que xa integre a perspectiva de xénero na súa práctica docente e/ou investigadora e quen teña interese en incorporala.
  • Impulsar o debate sobre os cambios nos roles de xénero para crear unha sociedade máis xusta e equitativa.
  • Promover a creación de redes de colaboración multidisciplinares para integrar a perspectiva de xénero en toda a actividade universitaria.
 

Inscrición:

A inscrición será gratuíta e aberta ata completar o aforo.

 

Estrutura:

  • Conferencia inaugural
  • Exposición de comunicacións (de forma oral ou en sesión póster).
 

Áreas temáticas: A presentación de propostas será a través do envío do formulario de comunicación ás seguintes direccións electrónicas, dependendo da área temática:

 

Docencia:

  • Prácticas docentes innovadoras con perspectiva de xénero nas aulas universitarias. (oix@usc.es)
  • Experiencias de inclusión da perspectiva de xénero noutras etapas educativas. (oficina.igualdade@udc.es)
  • Comunicación inclusiva: o uso da linguaxe e das imaxes na docencia. (igualdade@uvigo.es)
 

Investigación:

 

Prazo límite para presentar propostas de comunicación: 4 de maio de 2017

 

Publicación: Realizarase unha publicación dos traballos presentados e defendidos (de forma oral ou na sesión póster) que disporá de ISBN.

http://www.usc.es/gl/servizos/oix/modules/news/news_0063.html

Volver