Titulación
Esíxense os mesmos requisitos de acceso que os dos másters oficiais. Ademais poderá ser admitido o alumnado ao que lle falte cursar un número máximo de 30 créditos ECTS necesarios para obter a titulación de acceso requerida. Non obstante. o título de máster expedirase unicamente para aquel alumnado que supere os 30 créditos ECTS necesarios para obter a titulación de acceso requerida antes de acabar o ano académico no que se desenvolve o máster.