Inicio

Xa está aberto o prazo de preinscrición para o curso 2017/2018, tanto para o Máster propio en resolución de conflitos: Mediación, como para os diversos cursos de especialista que se ofertan.

O Máster, dirixido pola Catedrática de Dereito Procesual da Universidade de Santiago de Compostela, Raquel Castillejo Manzanares, conta cun total de 600 horas de formación, que se impartirán dende comezos de novembro ata finais de xullo na Facultade de Dereito. O horario habitual (sen perxuizo de que algunha sesión poida ter un horario distinto), será os venres de 16.00 a 21.00 horas e os sábados de 9.00 a 14.00 horas. Para a obtención do título é preciso asistir, polo menos, ao 80% das sesións, así como elaborar un traballo de investigación que deberá ser entregado no mes de xullo.

O obxectivo xeral deste Master é a formación de profesionais con dominio nas técnicas de mediación nos diferentes ámbitos nos que se poida dar un conflito. Entre as formas de solución dos conflitos cobraron importancia nos últimos tempos as ADR, "Alternative Dispute Resolution", isto é, as formas de resolución alternativa dos conflitos, como contraposición ao xeito habitual de resolución que foi acudir aos Tribunais de Xustiza. 

A mediación aparece como unha forma de resolución alternativa á xurisdición do conflito, a través da cal as partes en conflito chegan por sí mesmas a unha solución con axuda dun mediador, que coa súa formación ofrece ás partes novas vías de diálogo e entendemento. Entre as súas características principais mediación atópanse a voluntariedade e a igualdade entre as partes, puidéndose acceder a ela de forma autónoma respecto da xurisdición, así como unha vez suscitado o conflito ante a xurisdición. 

Os obxectivos específicos do Master son:
o Formar á/ao estudante no coñecemento das técnicas de avaliación de conflitos e actitudes persoais.
o Formar á/ao estudante con técnicas de negociación.
o Formar á/ao estudante nas técnicas de mediación.
o Formar á/ao estudante  de forma integral nos campos nos que é susceptíbel a mediación (Dereito de familia, adopción, menores, Psicoloxía e Socioloxía da familia, conflitos escolares, conflitos laborais,  conflitos veciñais, mediación penal, etc.).
En canto á metodoloxía, a modalidade na que se articulará o Posgrao Propio ten carácter de semipresencial. É por este motivo, que 
as horas de carácter presencial complétenase con horas non presenciais, adicadas á realización das distintas actividades que se enumeran a continuación:
- O profesorado do Máster prestará apoio aos/ás alumnos/as coa realización de tutorías, encamiñadas a prestar axuda ao alumnado ao longo de toda a duración do Máster. 
- No desenvolvemento das horas non presenciais, os/as alumnos/as levarán a cabo a lectura de textos doctrinaos e casos prácticos, que serán preparados e debatidos xunto co profesorado do Máster.
- O alumnado traballará co profesorado na elaboración da memoria de prácticas externas. 
- Os/as titores/as asignados en cada caso, prestarán apoio aos/ás alumnos/as no proceso de elaboración do traballo final de investigación, procedendo, con posterioridade, á discusión e posta en común das conclusións alcanzadas nos mesmos.
- Finalmente, os/as titores/as guiarán ao alumnado na exposición oral e lectura ante o Tribunal que xuzgará o traballo de investigación de cada un dos/das alumnos/as.      

Esíxense os mesmos requisitos de acceso que os dos máster oficiais. Además poderá ser admitido o alumnado ao que lle falte cursar un número máximo de 30 créditos ECTS necesarios para obter a titulación de acceso requerida. Non obstante, o título de máster expedirase unicamente para aquel alumnado que supere os 30 créditos ECTS necesarios para obter a titulación de acceso requerida antes de acabar o ano académico no que se desenvolve o máster.

A selección de alumnas/os realizarase tendo en conta o curriculum, a formación complementaria afín á materia, a experiencia profesional e, no seu caso, unha entrevista persoal.

Este curso engloba os seguintes cursos de posgrao ou de formación continua:

- Especialización en Mediación Familiar e Escolar.
- Especialización en Mediación no ámbito Civil, Mercantil e Bancario.
- Especialización en Mediación Penal e no ámbito veciñal.

PREINSCRICIÓN

Dende maio de 2017 ata esgotamento de prazas. Unha vez presentada a documentación da preinscrición, á maior brevidade posible a Dirección do Master ponse en contacto co/a preinscrito/a para admitir/rexeitar a solicitude.

MATRÍCULA

A partires da resolución na que se comunique o ADMITIDO/A tras a preinscrición, no prazo determinado polos servicios de Xestión Académica da Universidade.

DIRECTORA

Raquel Castillejo  Manzanares

INFORMACIÓN

http://www.iustitiaomnibus.org/master
http://www.usc.es/