Investigación

O acrónimo “EPO” Ente Promotor Observador, fai referencia á posibilidade de que, a través dunha expresión de interese, unha entidade ou organismo respalde a pertinencia do tema de investigación, para o interese do sector económico ou social correspondente.
Na actualidade, o grupo “Iustitia Omnibus” está a tramitar coa Asociación Profesional Galega para a Mediación e a Igualdade de Xénero.-AGAMIX, a sinatura dunha expresión de interese.