Convenios / Contratos
MATRICÚLATE NO CURSO DE VERÁN: "O CONFLITO E
04 de septiembre del 2009
O CONFLITO E AS SÚAS TÉCNICAS DE SOLUCIÓN: A NEGOCIACIÓN E A MEDIACIÓN

Datas: de 22 a 24 de setembro
Lugar: Auditorio de Muros
Número de horas lectivas: 30
Directora: Raquel Castillejo Manzanares
Secretaria: Cristina Torrado Tarrio
Este curso conta cun cofinanciamento do Concello de Muros
Curso recoñecido como actividade de formación permanente do profesorado non universitario pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria






PROGRAMA

22 de setembro
10:00 a 11:00
INAUGURACIÓN
Senén Barro. Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
Raquel Castillejo. Directora do Curso
11:00 a 12:00
MESA REDONDA. SOCIOLOXÍA E PSICOLOXÍA DO CONFLITO
Gonzalo Serrano Martínez. Catedrático de psicoloxía social da Universidade de Santiago de Compostela
Ana Belén Rodríguez Ríos. Socióloga. Mediadora
12:30 a 14:00
MESA REDONDA. OS MÉTODOS ALTERNATIVOS DE SOLUCIÓN DE CONFLITOS. AS ADR
Víctor Moreno Catena. Catedrático de Dereito Procesal da Universidad Carlos III de Madrid
Agustín Azparren Lucas. Maxistrado da Audiencia Provincial de Oviedo
Emilio De LLera Bárcena. Fiscal da Fiscalía Provincial de Sevilla
17:00 a 18:00
MESA REDONDA. COMUNICACIÓN E RESOLUCIÓN DO CONFLITO. A MEDIACIÓN
Francisco Xavier Montes Pardo. Experto en negociación
Milagros Otero Parga. Profesora Titular de Filosofía do Dereito da Universidade de Santiago de Compostela
18:30 a 20:00
TALLER DE MEDIACIÓN
Cristina Torrado. Psicóloga. Mediadora. Asociada de AGAMIX
Lorena Pérez González. Mediadora. Asociada de AGAMIX

23 de setembro
10:00 a 12:00
MESA REDONDA. A MEDIACIÓN NO ÁMBITO FAMILIAR. OS FILLOS E OS NOVOS TIPOS DE FAMILIA
Juan Daponte Codina. Psicólogo. Mediador familiar
Roberto Soto Sola. Xuíz do Xulgado de Primeira Instancia núm. de Santiago de Compostela
Ignacio Bolaños. Mediador
12:30 a 14:00
CONFERENCIA. MESA REDONDA: A CONVIVENCIA ESCOLAR: MÉTODO DE PREVENCIÓN DO BULLYING
Concepción Castillejo Manzanares. Mediadora escolar
17:00 a 18:00
CONFERENCIA. MÁIS ALÁ DA MEDIACIÓN
Ramón Alzate. Catedrático de psicoloxía da Universidad del País Vasco. Mediador
18:00 a 19:00
CONFERENCIA. A MEDIACIÓN COMUNITARIA E INTERCULTURAL
Javier Wilhman. Mediador
19:30 a 21:00
OBRADOIRO DE NEGOCIACIÓN E MEDIACIÓN
Carla Campo Dacal. Avogada. Mediadora. Asociada de AGAMIX
María Victoria Dacosta Vázquez. Avogada. Mediadora. Asociada de AGAMIX

24 de setembro
10:00 a 12:00
MESA REDONDA. A XUSTIZA RESTAURATIVA. A MEDIACIÓN DE ADULTOS E MENORES NO SISTEMA PENAL ESPAÑOL E NO SISTEMA PENITENCIARIO
Fernando Vázquez Portomeñe. Profesor Titular de Dereito Penal da Universidade de Santiago de Compostela
Francisca Lozano Espina. Mediadora no ámbito penitenciario
12:30 A 14:00
CONFERENCIA. A MEDIACIÓN EN VIOLENCIA DE XÉNERO
Raquel Castillejo Manzanares. Profesora Titular de Dereito Procesual da Universidade de Santiago de Compostela
17:00 a 19:30
TALLER DE MEDIACIÓN
Cristina Alonso. Bolseira na área de Dereito Procesal. Mediadora. Asociada de AGAMIX
María Ernestina García Rodríguez. Avogada. Mediadora. Asociada de AGAMIX

CLAUSURA





OUTRA INFORMACIÓN DE INTERESE

NORMAS REGULADORAS
A inscrición nun curso de verán implica a aceptación destas normas. Léanse detidamente para a súa correcta formalización.

DIPLOMA DE ASISTENCIA E CRÉDITOS DE LIBRE CONFIGURACIÓN
Os/as asistentes a cursos de verán terán dereito a un diploma no que constarán o título do curso, o número de horas e a asistencia.
Os/as estudantes da USC recibirán, ademais o certificado dos créditos de libre configuración.
É requisito tanto para a obtención do diploma como do certificado do crédito a asistencia regular, cando menos, ao 80% das horas lectivas, e é responsabilidade de cada director de curso o control da dita asistencia.
A Universidade de Santiago de Compostela recoñece os Cursos de Verán 2009 aos efectos de libre configuración coa equivalencia 1 curso = 2 créditos, nos casos de cursos de 30 ou máis horas lectivas e de 1 curso = 1 crédito para as actividades de menos de 30 horas.

BOLSAS
Ofrécense 216 bolsas de matrícula gratuíta (3 POR CURSO).
O prazo para realizar o pedimento de bolsas será de 11 a 22 de maio de 2009. Para a avaliación das peticións de bolsa terase en conta o expediente académico.
Documentación que se debe presentar:
1.- Formulario de solicitude. Pode acceder a este formulario nesta ligazón ou pode tamén solicitalo nas dúas secretarías de Cursos de Verán. Neste formulario, que adopta a fórmula de declaración xurada, deberanse cumprimentar todos os datos solicitados.
2.- Expediente académico, no que ha constar necesariamente a NOTA MEDIA SIMPLE
Esta documentación enviarase en prazo á secretaría dos Cursos de Verán de Santiago de Compostela.

IMPORTE DA MATRÍCULA
Taxa xeral
cursos de 30 ou máis horas lectivas: 120 €*
seminarios e xornadas de menos de 30 horas: 70 €*
Taxa reducida, aplicable a estudantes de calquera universidade ou en estudos de formación profesional, persoas desempregadas e PDI e PAS da USC
cursos de 30 ou máis horas lectivas: 70 €*
seminarios e xornadas de menos de 30 horas: 40 €*
*Todas as persoas que non están cubertas polo seguro escolar obrigatorio da USC (as persoas que non teñan realizado matrícula na USC no curso académico 2008-09 ou ben aquelas persoas que, sendo alumnos/as da USC neste curso 2008/09 e sendo maiores de 28 anos, non teñan contratado este seguro nos estudos nos que formalizaron matrícula), deben subscribir, a parte da matrícula, o seguro obrigatorio de 9,45 €. A formalización desta póliza farase no momento de realizar a matrícula.
En ningún caso será posible a devolución de taxas unha vez realizada a matrícula, agás pola suspensión do curso. Un curso suspenderase se non acada 30 estudantes inscritos/as; nestes casos a USC devolve só o importe da taxa pagada.

PRAZO DE MATRÍCULA
Ábrese o prazo:
En liña por internet, a partir de 25 de maio
Presencial, a partir de 15 de xuño
Acaba o prazo:
26 de xuño, para os cursos que comezan na semana do 6 de xullo
3 de xullo, para os cursos que comezan na semana do 13 de xullo
10 de xullo, para os cursos que se celebran na semana do 20 de xullo
17 de xullo, para os cursos que se celebran na semana do 27 de xullo
7 de agosto, para os cursos que se celebran na semana do 17 de agosto
21 de agosto, para os cursos que se celebran na semana do 24 de agosto
28 de agosto para os cursos que se celebran na semana do 7 de setembro
4 de setembro, para os cursos que se celebran na semana do 14 de setembro
11 de setembro, para os cursos que se celebran na semana do 21 de setembro
18 de setembro, para os cursos que se celebran na semana do 28 de setembro
NON SERÁ POSIBLE MATRICULARSE FÓRA DESTES PRAZOS.

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA
A matrícula poderá formalizarse de tres maneiras:
1.- Por internet
2.- Presencial
3.- Por correo ordinario

1.- Por internet
A persoa interesada premerá a ligazón "MATRICÚLATE" que ven xunto ao título do curso no que se quere matricular na relación que está máis abaixo e seguirá as instrucións.

2.- Presencial
A persoa interesada dirixirase a un dos dous centros de matriculación de Cursos de Verán. Logo de comprobar se hai prazas no curso ou cursos nos que se quere matricular e de formalizar os seus datos persoais, daráselle unha folla de liquidación con dous impresos (unha para o interesado e outra para a entidade bancaria) para realizar o pago da taxa en calquera oficina de Caixa Galicia. No momento en que se efectúe o pago, a matrícula quedará automaticamente activada. Se se trata dun curso con límite de prazas, terá tres días hábiles para realizar o pago e remitir resgardo do pagamento ao fax nº 981 585255; en caso contrario a preinscrición quedará anulada.
Documentación que hai que presentar
- membros da comunidade universitaria da USC (estudantes, profesores ou PAS): nº de DNI
- estudantes doutras universidades: orixinal ou fotocopia da folla de liquidación de taxas de matrícula no curso 2008-09 ou da de exención de taxas, da credencial de bolseiro de investigación ou do certificado do departamento de estar a realizar un mínimo de 20 horas semanais de traballo de investigación
- persoas en paro: orixinal ou fotocopia do cartón de desemprego

3.- Por correo ordinario
No caso de imposibilidade de formalizar a matrícula en persoa ou por internet, poderase facer por correo. Para isto, é preciso poñerse en contacto telefónico cunha das dúas secretarías de Cursos de Verán, onde se lle informará do procedemento a seguir.

CENTROS DE MATRICULACIÓN E INFORMACIÓN

Campus de Compostela:
Secretaría dos Cursos de Verán
Vicerreitoría de Cultura
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro s/n
981 563100, extensións 11018 e 11103
Fax nº 981 585255

Campus de Lugo:
Secretaría dos Cursos de Verán
Área de Cultura do Campus de Lugo
Pazo de Montenegro, Praciña da Universidade
982 285900, extensión 21513
Fax nº 982 285914

AMPLA E DETALLADA INFORMACIÓN RELATIVA A TRANSPORTE, ALOXAMIENTO E COMIDAS EN GALICIA: www.turgalicia.es

www.usc.es/cultura/uveran09.htm
Volver