Novas Anuncios
Xornada de Investigación e Xénero na USC
01 de julio del 2012
A Oficina de Igualdade de Xénero organiza a Xornada de Investigación e Xénero na USC, que terá lugar o vindeiro 9 de xullo no Centro de Estudos Avanzados. O propósito da xornada é dar lugar a un punto de encontro e debate das persoas interesadas e involucradas na investigación das problemáticas de xénero, con aproximacións dende distintas disciplinas da USC. A inscrición é gratuíta e as prazas cubriranse por orde de inscrición ata o límite do aforo (70 prazas). Entregarase diploma acreditativo de asistencia. O prazo de inscrición remata o 5 de xullo de 2012. http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/Programa-final.pdf
Volver