Innovación Docente
PROGRAMA DE INNOVACIÓN DOCENTE DA USC
01 de septiembre del 2009

O Programa de Formación e Innovación Docente ten como finalidade principal establecer un marco de formación que permita adquirir e mellorar as competencias docentes, investigadoras e de xestión necesarias para o exercicio profesional na universidade no marco do EEES.

Para tentar dar resposta a esta finalidade, o PFID contempla unha formación, para o curso académico 2008-2009, estruturada nos seguintes piares fundamentais:

  • Programación oferta xeral de formación . Cursos propostos polo PFID de carácter xeral ou específico agrupados nos seguintes itinerarios formativos:
    • Tecnoloxías da información e da comunicación aplicadas á docencia.
    • Estratexias de ensino-aprendizaxe.
    • Avaliación.
    • Titoría e orientación.
    • Desenvolvemento profesional: investigación, xestión, linguas.
  • Formación a demanda . Actividades de formación propostas polos centros.
  • Seminario permanente sobre o EEES . Espazo de formación e de intercambio centrado en temáticas específicas e na difusión de boas prácticas.
Volver