Convocatorias

CURSO DE LÍDERES ASOCIATIVOS COMPOSTELÁNS PARA A MEDIACIÓN NA RESOLUCIÓN DE CONFLITOS COMUNITARIOS


Datas: de 9 de outubro a 11 de decembro de 2009
Lugar: Casa das Asociacións do Concello de Santiago de Compostela
Número de horas: 40

Membros da Asociación Profesional Galega para a Mediación e a Igualdade de Xénero veñen impartindo obradoiros para a capacitación en mediación de lideres das principais agrupacións do tecido asociativo do Concello de Santiago, sempre co gallo de impulsar un profundo cambio social, entendido so a través do empoderamento da cidadanía.



CURSO DE VERÁN DA USC: "O CONFLITO E AS SÚAS TÉCNICAS DE SOLUCIÓN: A NEGOCIACIÓN E A MEDIACIÓN"

Datas: de 22 a 24 de setembro de 2009
Lugar: Auditorio de Muros
Número de horas lectivas: 30
Directora: Raquel Castillejo Manzanares
Secretaria: Cristina Torrado Tarrio

Este curso conta cun cofinanciamento do Concello de Muros Curso recoñecido como actividade de formación permanente do profesorado non universitario pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria



PROGRAMA

22 de setembro

INAUGURACIÓN 10.00 a 11.00
Senén Barro. Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
Raquel Castillejo. Directora do Curso

MESA REDONDA. SOCIOLOXÍA E PSICOLOXÍA DO CONFLITO 11.00 a 12.00
Gonzalo Serrano Martínez. Catedrático de psicoloxía social da Universidade de Santiago de Compostela
Ana Belén Rodríguez Ríos. Socióloga. Mediadora

MESA REDONDA. OS MÉTODOS ALTERNATIVOS DE SOLUCIÓN DE CONFLITOS. AS ADR 12.30 a 14.00
Víctor Moreno Catena. Catedrático de Dereito Procesal da Universidad Carlos III de Madrid
Agustín Azparren Lucas. Maxistrado da Audiencia Provincial de Oviedo
Emilio De LLera Bárcena. Fiscal da Fiscalía Provincial de Sevilla

MESA REDONDA. COMUNICACIÓN E RESOLUCIÓN DO CONFLITO. A MEDIACIÓN  17.00 a 18.00
Francisco Xavier Montes Pardo. Experto en negociación
Milagros Otero Parga. Profesora Titular de Filosofía do Dereito da Universidade de Santiago de Compostela

TALLER DE MEDIACIÓN 18.30 a 20.00
Cristina Torrado. Psicóloga. Mediadora. Asociada de AGAMIX
Lorena Pérez González. Mediadora. Asociada de AGAMIX


23 de setembro

MESA REDONDA. A MEDIACIÓN NO ÁMBITO FAMILIAR. OS FILLOS E OS NOVOS TIPOS DE FAMILIA 10.00 a 12.00
Juan Daponte Codina. Psicólogo. Mediador familiar
Roberto Soto Sola. Xuíz do Xulgado de Primeira Instancia núm. de Santiago de Compostela
Ignacio Bolaños. Mediador

CONFERENCIA. MESA REDONDA: A CONVIVENCIA ESCOLAR: MÉTODO DE PREVENCIÓN DO BULLYING 12.30 a 14.00
Concepción Castillejo Manzanares. Mediadora escolar

CONFERENCIA. MÁIS ALÁ DA MEDIACIÓN 17.00 a 18.00
Ramón Alzate. Catedrático de psicoloxía da Universidad del País Vasco. Mediador

CONFERENCIA. A MEDIACIÓN COMUNITARIA E INTERCULTURAL 18.00 a 19.00
Javier Wilhman. Mediador

OBRADOIRO DE NEGOCIACIÓN E MEDIACIÓN 19.30 a 21.00
Carla Campo Dacal. Avogada. Mediadora. Asociada de AGAMIX
María Victoria Dacosta Vázquez. Avogada. Mediadora. Asociada de AGAMIX


24 de setembro

MESA REDONDA. A XUSTIZA RESTAURATIVA. A MEDIACIÓN DE ADULTOS E MENORES NO SISTEMA PENAL ESPAÑOL E NO SISTEMA PENITENCIARIO 10.00 a 12.00
Fernando Vázquez Portomeñe. Profesor Titular de Dereito Penal da Universidade de Santiago de Compostela
Francisca Lozano Espina. Mediadora no ámbito penitenciario

CONFERENCIA. A MEDIACIÓN EN VIOLENCIA DE XÉNERO 12.30 a 14.00
Raquel Castillejo Manzanares. Profesora Titular de Dereito Procesual da Universidade de Santiago de Compostela

TALLER DE MEDIACIÓN 17.00 a 19.00
Cristina Alonso. Bolseira na área de Dereito Procesal. Mediadora. Asociada de AGAMIX
María Ernestina García Rodríguez. Avogada. Mediadora. Asociada de AGAMIX

CLAUSURA