Actividades
 Categorías  
• Centro de Mediación (CEMMCI)
• Cursos de Verán 2009
• Cursos de Verán 2010
• Cursos de verán 2011
• Experiencias Innovadoras
• Mediación Comunitaria
• Mediación escolar
Centro Municipal de Mediación Cidadá de Santiago de Compostela



O 6 de maio de 2010 púxose en marcha no Concello de Santiago de Compostela o primeiro centro de mediación comunitaria galego, o Centro Municipal de Mediación Cidadá (CEMMCI).
A Concellaría de Participación Cidadá de Compostela, xunto coa Asociación Profesional Galega para a Mediación e a Igualdade de Xénero son os órganos impulsores desta iniciativa novedosa na nosa comunidade.

Que é o CEMMCI?É un espazo confidencial e gratuíto onde as persoas implicadas nun conflito terán a posibilidade de construír un acordo válido e beneficioso para tod@s, sempre a través do diálogo e coa axuda dunha terceira persoa neutral e imparcial.
Neste espazo terá acollida calquera conflicto entre persoas que vivan ou compartan un mesmo lugar: comunidades de veciños, alteracións da convivencia cidadá, acceso aos recursos municipais,...

Vantaxes do servizo de mediación:
  • Gratuíto
  • Confidencial
  • Voluntario

Ubicación e horario
:
O servizo, que estará ubicado na Casa das Asociacións de Compostela (Antiga estación de Cornes), abrirá as súas portas os martes e xoves de 17.00 a 21.00 horas.

Destinatari@s:
Calquera cidad@n empadroad@ ou que resida en Santiago de Compostela.

Información:
Teléfono: 658 490 411
Correo: agamix@iustitiaomnibus.org

Centralita Casa das Asociacións: 981 542 350
participacióncidada@santiagodecompostela.org
www.santiagodecompostela.org