Quéreste asociar?

  REQUISITOS

Conforme ao Artigo 8 dos estatutos da asociación:

"poden ser socias e socios de AGAMIX as persoas físicas maiores de idade e con capacidad de obrar que manifesten a súa vontade de asociarse e de compartir os obxectivos e fins da asociación, e que cumpran os requisitos académicos e profesionais establecidos nos presentes estatutos.

O Artigo 9 dos devanditos estatutos recolle:

"Serán socias e socios de pleno dereito:
♦ As persoas que estean en posesión dun título universitario de posgrao de Mediación, dun mínimo de 230 horas, das cales un 70% deben ser presenciais. A posesión deste título implica necesariamente a titulación universitaria (diplomatura ou licenciatura).
♦ Asemade poderán ser socios, aquelas persoas que sen estar en posesión do devandito título universitario de posgrao, conten con acreditados coñecementos e experiencia no ámbito da mediación. Aos efectos presentes, entenderase por “acreditados coñecementos e experiencia no ámbito da mediación” os seguintes requisitos preceptivos e acumulativos:

                  1. Contar con publicacións acerca da mediación: artigos, libros, etc.
                  2. Ter impartido clases en Cursos de Posgrao de Mediación.
                 3. Participación como ponente en Congresos, Seminarios, Xornadas, etc."


DOCUMENTACIÓN

Documentación a presentar para a formalización da inscripción:

        ♦ Solicitude de ingreso
        ♦ Fotocopia do DNI ou NIE
        ♦ 3 fotos tamaño carnet
        ♦ Fotocopia da documentación acreditativa da formación en mediación
        ♦ Xustificante bancario da cota de inscripción
        ♦ Documento bancario Conta Cliente para o cargo das cotas semestrais



COTAS

As/os asociadas/os abonarán á Asociación  as seguintes cotas periódicas:
 
♦A entrada ou afiliación, por unha soa vez, que deberá abonar ao inscribirse como asociada, ascenderá a 100 euros .

♦A de mantemento ou cota base mensual ascendera a 10 euros para aquelas persoas que estén inscritas como demandante de emprego no INEM, e 20 euros para aquelas persoas que sexan traballadores en activo. O cobro da devandita cota pasarase dúas veces ao ano.

A conta bancaria a efectos de pagamentos é:
Entidade: Caixa Galicia
Titular: Asociación Galega Profesional para a Mediación e a Igualdade de Xénero
Número: 2091 0387 45 3040003937