Que ofrecemos?
Sempre dentro do contexto da xestión alternativa de conflictos, vimos desenrolando diferentes actividades encamiñadas ao fortalecemento da nosa sociedade:


FORMACIÓN E CAPACITACIÓN EN RESOLUCIÓN DE CONFLITOS  E DIFUSIÓN DA CULTURA DE PAZ

Varias son as experiencias implementadas baixo este principio, entre as que cabe destacar de maneira significativa a inclusión na experiencia internacional   aVataR@School, onde a través da práctica de role-plays virtuais o alumnado conseguía diseñar estratexias de resolución de conflictos dentro do marco da mediación escolar entre iguais.
É preciso sinalar de igual maneira a posta en marcha, en colaboración coa Concellaría de Participación Cidadá do Curso de Líderes Asociativos Composteláns para a Mediación na Resolución de Conflitos Comunitarios, impartido por profesionais da devandita asociación no Concello de Santiago de Compostela  e con unha duración total de 40 horas.
  

SERVIZOS PROFESIONAIS DE MEDIACIÓN E XESTIÓN DE CONFLICTOS

Os e as asociados e asociadas de AGAMIX, comprometidos coa prestación de servizos profesionais, son persoas amplamente formadas no campo da mediación. Como tales están capacitadas para a asistencia a particulares, empresas e á Administración en servizos de:

                                ♦ Mediación familiar
                                ♦ Mediación comunitaria
                                ♦ Mediación empresarial
                                ♦ Mediación escolar
                                ♦ Mediación penal e penitenciaria  
                                ♦ Mediación intercultural
                                ♦ Mediación sanitaria